PREMIADOS NO SPELLING BEE

O teatro Salesianos acolleu este venres, 5 de abril, a final do concurso de deletreo en inglés Schoolhouse Spelling Bee no que participaron 25 centros educativos e máis de 2000 alumnos da área metropolitana de Vigo, e onde os nosos alumnos realizaron unha insuperable actuación. 
Os finalistas de 5º de EP foron Noel e Xoana. 
Xoana realizou un concurso moi bo, superando a 4 ronda da fase final, obxectivo acadado por moi poucos, e obtivo o correspondente recoñecemento.
Pola súa banda Noel fixo un concurso perfecto, superou todas as rondas e fíxose co PRIMEIRO posto. Gañador do concurso que o acredita como o mellor deletreador de Primaria da provincia de Pontevedra.
Parabéns a todos os profesores implicados neste proxecto, que co seu esforzo e traballo acadan o éxito dos nosos alumnos.