No curso 01/02, comezouse a traballar con este novidoso Proxecto na Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e dados os bos resultados amosados polos nenos/as na clase e a boa acollida que o Proxecto tivo entre as familias, no curso 02/03, decidiuse amplialo a outros niveis, implantándose en toda a E. Infantil e E. Primaria.
O Proxecto consiste en que as nenas/os escoitan e falan en inglés unha hora á semana cun profesor nativo.
Os obxectivos que nos plantexamos son que sexan quen de:
-
Entender e comprender mensaxes adaptadas ao seu currículo.
-
Expresarse oralmente.
-
Asociar as mensaxes á grafía correspondente (nas clases de inglés escrito).
Consideramos que é moi importante que as/os nenas/os comecen canto antes a escoitar e a falar inglés, para evitar que collan medo ao ridículo, e o fagan dun xeito natural.
Esta iniciativa vése apoiada pola realidade que unha/un nena/o sempre comeza a falar antes que a escribir, e isto pretendémolo aproveitar tamén para a aprendizaxe do idioma estranxeiro.
Os resultados foron case sempre do 100% de aprobados, acadando na súa parte oral a cualificación de excepcional.
Cada curso gradúanse arredor duns 100 alumnas/os; 1 de cada 4 alumnas/os do Centro obteñen a súa Certificación.
Dúas alumnas de 4º de ESO obtiveron a Beca High School para EEUU/Canadá.
No Concurso internacional «The Big Challenge», o noso alumnado ten acadado xa o 1º posto nacional en máis dunha ocasión.
No Prestixioso concurso de deletreo en Inglés «Spelling Bee» xa temos acadado o 1º e 2º posto competindo con máis de 60 centros da provincia.