A Educación Infantil é unha das etapas máis importantes e de maior transcendencia na vida do voso fillo, por este motivo merece a pena implicarse para que todo o proceso saia o mellor posible, formando deste xeito unha familia que axudará ó alumno/a a conseguir os obxectivos propostos.
As pautas que debedes seguir para a mellor coordinación e organización son:
– En caso de enfermidade contaxiosa, debedes comunicalo telefonicamente á Dirección do Centro e non traer o neno/a ó colexio.
– Debedes comunicar, a través da Axenda Escolar, telefonicamente ou directamente á profesora se o voso fillo/a vai ser recollido por unha persoa distinta á habitual.
– Os alumnos/as de Infantil-3 deben traer ao cole unha muda completa e un chándal por se se mollan ou ensucian.
– O xersei, a chaqueta do chándal e a prenda de abrigo deben ter bordados con fío o nome e apelido do alumno/a para evitar posibles perdas ou trocos.
– O mandilón e o abrigo deben ter unha fita para poder colgalos.
– Non deben traer cadeas, pulseiras nin aneis para evitar que se poidan enganchar con eles.
– Para a hora do recreo, existe un plan de merendas semanal.
– As saídas do Centro para a participación en actividades escolares faranse sempre previa autorización a través da Axenda Escolar.
– Debedes esixir, ós vosos fillos/as, responsabilidades adecuadas á súa idade. Axudádeo no que necesite sen sobreprotexelo.
– Procurade que na casa adquira os hábitos mínimos: ir ó servicio só, vestirse, orde e aseo persoal.
– No caso de que un alumno/a se atope indisposto chamase á familia e actuarase en consonancia coa decisión acordada.
– En caso de accidente escolar, actuarase do mesmo xeito. En caso de urxencia médica, e non localizar á familia, trasladarase o alumno/a ó centro médico concertado polo seguro escolar. (Clínica San Miguel – Ponteareas)
– Se un alumno/a ten que tomar un medicamento en horario escolar, comunicaráselle á titora, por escrito a través da Axenda Escolar. Nunca deixedes o medicamento nas mans do alumno/a.
– Cando o alumno/a celebre o seu aniversario no cole, recomendamos moderar a cantidade de chucherías coas que se obsequia. Hai outras posibilidades.