As familias do alumnado poden solicitar entrevistas coas/cos titoras/es a través da conta corporativa. Estas entrevistas recoméndase que se soliciten coa suficiente antelación para que deste xeito, as/os titoras/es teñan o tempo suficiente para pedir información sobre o alumnado a todo o profesorado.
FUNCIÓNS DA/DO TITORA/TITOR CON REFERENCIA AS/OS ALUMNAS/OS.
– Dar ao principio do curso, ao seu alumnado, toda a información precisa.
– Facilitar a integración do alumnado no grupo con actividades de Titoría e fomentar a súa participación nas actividades do Centro.
– Coñecer ó alumnado, as súas circunstancias de expediente, a súa situación familiar e escolar e a repercusión no seu rendemento escolar e reflectilo no Caderno do Titor.
– Seguimento, alomenos unha vez ao trimestre, con todo o profesorado do seu curso, do proceso de ensinanza-aprendizaxe de cada alumna/o, e recomendar as respostas Pedagóxicas axeitadas.
– Recoller as necesidades do alumnado e comunicalas ao Xefe de Estudos, quen se encargará de organizar as actividades de reforzo.
– Orientar o alumnado de maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.
– Controlar todas as incidencias da súa aula a través do parte diario, reflectilas no caderno do Titor e informar as familias.
– Coordinar os traballos extra dos alumnos do seu grupo.
– Mediar perante o profesorado, alumnado e Equipo Directivo, nos problemas que se plantexen.
CON REFERENCIA ÁS FAMILIAS
– Informar ás Familias das actividades docentes e sobre o rendemento académico do alumnado a través de Classroom, por medio de circulares ou reunións.
– Participar nas reunións de inicio de curso explicando os Proxectos do Centro.
– Implicar ás Familias nas Actividades de Apoio e Aprendizaxe das/os súas/seus fillas/os.