O Contacontos é unha actividade na que as familias do alumnado de Infantil 3 anos, son os verdadeiros protagonistas.
Celébrase os venres de 4 a 5 da tarde. Trátase de que as familias do “Protagonista da Semana” veñan ao Colexio e conten, na clase, a todas/os as/os nenas/os, un conto.
A profesora ten unha reunión previa coa familia para orientalos no desenvolvemento desta actividade.