MISIÓN, VISIÓN E VALORES - Colexio Santiago Apóstol

MISIÓN, VISIÓN E VALORES

 

MISIÓN DO CENTRO

 

A nosa Misión é a de ser un Centro de Formación, que preste un bo servizo a Ponteareas e bisbarra para o seu desenvolvemento social e cultural, e ser a mellor opción educativa que garanta unha boa formación, tanto humana como académica, nun clima de confianza e cuns valores compartidos dentro dun ideario cristián.

 

VISIÓN DO CENTRO

 

Visión que pretendemos acadar é a seguinte:

 

RESPECTO AO ALUMNADO:

 

  1. Adquirir os hábitos de traballo e estudo, así como os coñecementos necesarios para aplicalos, con espírito crítico e creativo aos diferentes ámbitos científicos, técnicos e humanos.

  2. Levar a cabo unha educación personalizada a través dun Equipo de Orientación Psicopedagóxica.

  3. Desenvolver a capacidade de autonomía, de autoestima, e potenciar a capacidade de participación na vida escolar, cultural e social.

  4. Fomentar unha Educación en Valores, desde un enfoque cristián, e sobre os principios democráticos de convivencia e tradicións da nosa cultura galega.

  5. Facilitar a súa incorporación á vida laboral, social ou a unha educación posterior, mediante unha formación e Orientación Académica Vocacional e Profesional axeitada.

 

RESPECTO AOS PAIS/NAIS/TITORES:

 

  1. Realizar unha verdadeira colexialidade na que a participación e a toma de decisións involucre a todos os membros da Comunidade Escolar (familia, alumnado, profesorado).

 

RESPECTO AOS PROFESORES:

 

  1. Levar á práctica os distintos niveis de concreción curricular, planificando e coordinando a acción docente e titorial.

  2. Manter comunicación coas distintas entidades, tanto a nivel institucional como educativo e experimental (coa cidade, con outras escolas, empresas,…), podendo, deste xeito, desenvolver os distintos temas transversais (Educación Vial, Educ. Ambiental ,….).

 

RESPECTO Á XESTIÓN DO CENTRO:

 

  1. Continuar co traballo segundo Modelo E.F.Q.M. de Excelencia como instrumento de autoavaliación que garanta un sistema de mellora continua.

 

O CPR Plurilingüe Santiago Apóstol, xunto ao seu Proxecto Educativo, promove os seguintes Valores que configuran o seu comportamento:

 

  1. Visión integral da persoa como suxeito activo e pasivo de todos os seus dereitos e deberes.

  2. Fomento dos seguintes valores cristiáns: solidariedade, tolerancia, xustiza, participación crítica, liberdade e responsabilidade.

  3. Unha convivencia democrática e xusta.

  4. Os valores, formas de vida e tradicións da nosa cultura galega.

  5. O desenvolvemento como persoa mediante o traballo e o esforzo diario.

  6. Respecto e defensa do Medio Natural.

 

Para acadar estes obxectivos, o Centro ten planificado:

 

  1. Reducir os índices de fracaso escolar.

  2. Impulsar a atención personalizada co alumnado e as súas familias.

  3. Implicar máis a toda a Comunidade Escolar nos planos de mellora do Centro. É moi importante que haxa unha participación activa.

  4. Mellorar a comunicación interna e externa do Centro, e impulsar as relacións co entorno empresarial da zona con máis actividades extraescolares.

  5. Incorporar e aproveitar os avances tecnolóxicos no noso proceso de aprendizaxe.

  6. Adecuar os programas do Proxecto Educativo a estas Novas Tecnoloxías e mellorar as instalacións do Centro.

  7. Optimizar a formación do profesorado cara a estas novas necesidades e á Reforma Educativa.

  8. Fomentar a investigación e a innovación nos ámbitos curricular, metodolóxico, tecnolóxico, didáctico e organizativo, como tamén na titoría e na orientación do noso alumnado nos campos psicopedagóxico e profesional.