O noso Proxecto «Traballando Hábitos e Valores en Educación Ambiental» gañou o PREMIO PROVINCIAL do concurso Voz Natura organizado polo grupo La Voz de Galicia, e no que participaron 160 centros de toda Galicia.
Quedamos os primeiros entre 50 colexios e institutos da provincia de Pontevedra.
O Proxecto consiste en:
– Traballar os Hábitos e Valores relacionados coa Educación Ambiental.
– Estudar o noso entorno inmediato.(a ripisilva ou bosque de galeria do río Tea, en «A Moscadeira»)
– Mellorar o noso entorno: o Colexio, o río Tea e os montes comunais do Concello de Ponteareas.
Os obxectivos xerais que intentamos acadar co noso Proxecto son os seguintes:
– CONCIENCIACIÓN: axudar a adquirir conciencia do medio ambiente global, sensibilizando sobre estas cuestións.
– COÑECEMENTOS: adquirir unha diversidade de experiencias e unha comprensión fundamental do medio e dos problemas anexos.
– COMPORTAMENTOS: axudar a comprometerse cunha serie de valores e a sentir interese e preocupación polo medio ambiente, motivándoos de tal xeito que poidan participar activamente na mellora e protección do mesmo.
– ACTITUDES: favorecer a adquisición de actitudes necesarias para determinar e solventar os problemas medioambientais.
– PARTICIPACIÓN: proporcionar a posibilidade de participar activamente nas tarefas que teñen por obxecto solventar problemas medioambientais.
Para este ano secuenciamos as actividades por curso, de xeito que cada alumna/o ao longo da súa vida educativa, realice todas as actividades e adquira os bos hábitos e valores que intentamos inculcar.
Isto é o que realizaremos:
– 1º E. Primaria: reciclamos papel, plásticos, pilas e materia orgánica.
– 2º E. Primaria: obradoiro de xoguetes e instrumentos musicais con material de refugallo.
– 3º E. Primara: construción dun herbolario.
– 4º E. Primaria: viveiro de plantas autóctonas.
– 5º E. Primaria: construción de cocopelos.
– 6º E. Primaria: reducir, reemprazar, reutilizar e reciclar.
– 1º ESO: obradoiro de papel reciclado. Identificación das árbores e dos vertebrados existentes na ripisilva. A nosa climatoloxía.
– 2º ESO: limpeza do río. Estudo da xeomorfoloxía derivada do río. Cálculos de velocidade e aceleración da auga do Río Tea.
– 3º ESO: obradoiro de xabrón caseiro. Análise das rochas e minerais do Tea.
– 4º ESO: exposición fotográfica baixo o título «O Tea, o río que xa foi».