A aplicación classdojo comeza a utilizarse na EP no curso 16/17 como experiencia piloto. As familias podían consultar, de xeito instantáneo, a información da evolución do alumnado a través desta APP. Nace como un xeito de premiar a Educación en Valores do alumnado de Primaria.
Na actualidade, ademais de continuar a facer esa función, amplíase o seu cometido ata constituír unha ferramenta efectiva de comunicación instantánea e continua entre Escola e Familia.