É un libro que crean conxuntamente as familias de Educación Infantil 3 anos e a mestra. Este libro xira arredor das 4 estacións do ano.
Obxectivos:
– Coñecemento do medio físico e social.
– A integración das familias na aula.
– A colaboración Familia-Escola.
– Desenvolvemento da creatividade.
Desenvolvemento:
Cada familia creará ao longo dunha fin de semana, unha folla do libro segundo a época do ano. Poderán traballar as familias coa/o nena/o poesías, adiviñas, colaxes, contos, alimentos, roupas, festas,… todo isto seguindo as instruccións da mestra.
O libro volta ao Colexio onde, as/os nenas/os e a mestra, trabállano na asemblea contando o traballo realizado por a súa familia.
Todo isto fai que as familias se acheguen un pouco máis aos traballos realizados no Centro ademais de que o alumnado se sinta escoitado e axudado polos seus pais.