PROCESOS DE AVALIACIÓN
Os procesos de aprendizaxe terán un carácter continuo con controis por tema e con tres avaliacións.
Datas das avaliacións:
- 1ª Avaliación: 19 de decembro de 2025.
- 2ª Avaliación: 27 de marzo de 2026.
- 3ª Avaliación: 25 de xuño de 2026.
Nestas datas, recibirán as notas dos seus fillos por medios tecnolóxicos ou mediante un boletín impreso.
A metade de avaliación faremos unha preavaliación que lle será enviada á familia como orientación do traballo desenvolvido polo alumnado ata ese momento.




