Levamos varias edicións da nosa particular Semana da Ciencia e xa temos andado bastante. Pasamos da exposición de experimentos realizados polos alumnos (cursos 07/08; 08/09) a organizar xornadas con conferencias, cine, concursos, shows con experimentos incluídos,…(curso 09/10) e a realizar experiencias científicas presentadas na feira Galiciencia 2010, 2018 e 2019, visita a dita feira e introdución de actividades de achegamento do método científico aos máis peques do cole.
Culminamos nos catro últimos anos (cursos 15/16, 16/17, 17/18 e 18/19) coa nosa participación na Semana da Ciencia organizada polo Concello de Ponteareas.
Obxectivos
– Fomentar a valoración positiva cara a ciencia.
– Achegar ao alumnado de xeito lúdico e didáctico conceptos científicos relacionados coa ciencia a nivel xeral.
– Fomentar a investigación científica.
Celebramos a Semana da Ciencia sendo parte proactiva da Semana da Ciencia organizada polo Concello de Ponteareas.
Catro alumnas de 3º e 4º ESO participan con dúas ponencias no II Congreso de Xóvenes Investigadore/as:
Participamos na feira científica cun stand relacionado co consumo excesivo de azucre. “AZUCRE DE MÁIS” Dúas alumnas de 4º de ESO foron seleccionadas para realizar a exposición do seu Proxecto en Galiciencia en Ourense, onde participaremos por segundo ano consecutivo.