Un dos sinais de identidade máis importante da nosa vila é o Corpus Christi e, de xeito especial, o arte efímero das alfombras florais.
Este feito, xunto coa celebración do Día das Letras Galegas, dan como resultado este Proxecto.
Os alumnos de 6º de Primaria participan cada ano, xunto cos alumnos dos outros centros educativos do noso Concello, na elaboración de Alfombras Florais para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Os nosos alumnos/as participan en todos os pasos do proceso para chegar á confección dunha alfombra floral:
- Elección do deseño que se adapte ás medidas facilitadas.
- Realización do debuxo no plástico base.
- Picado do plástico.
- Recollida dos materiais para a confección da alfombra.
- Desfolle e picado de materias.
- Pintado do debuxo no chan.
- Perfilado.
- Recheo do debuxo.