MODELO DE CALIDADE EFQM
En abril de 2000, a Dirección do Centro toma contacto co modelo EFQM no Congreso de Educación da CECE en Valencia. Despois de sopesar as repercusións dun Plan de Calidade, o Equipo Directivo comunica ao Claustro de Profesores a súa intención de implantalo no colexio. O Claustro acólleo con sumo interese e préstalle o seu apoio unánime, pois o profesorado é consciente da necesidade de impulsar a Mellora do Centro a través dun Plan de Calidade.
Coa actitude resolta do Equipo Directivo do colexio e co apoio decidido do profesorado comezouse o traballo por establecer un sistema de mellora continua tomando como referencia o Modelo EFQM. Os primeros esforzos centráronse na formación de todo o persoal en todo o relativo ao devandito Modelo. O desenvolvemento do noso traballo en calidade abrangue as seguintes etapas:
– Abril 2000: Primeiro contacto co Modelo EFQM.
– Maio 2000: O Claustro mostra o seu apoio total ao Proxecto.
– Xuño 2000: Iníciase a formación das 8 persoas que integran o grupo inicial e realízase a primeira autoavaliación do Centro.
– Setembro 2000: Fórmase no Modelo de Calidade a todo o Claustro de Profesores. Constitúese o Comité de Calidade e establécense os primeiros Grupos de Mellora, documentándose, en ambos casos, a súa composición e normas de funcionamento. Estes grupos desenvolverán o seu traballo ao longo do curso escolar.
– Outubro 2000: Comezo do traballo dos Grupos de Mellora.
– Novembro 2000: Recíbese o primeiro recoñecemento de CECE polo traballo realizado.
– Marzo 2001: Difusión ás Familias, mediante un tríptico informativo, do traballo realizado.
– Abril 2001: Formación do asesor a Grupos de Mellora.
– Maio 2001: O Proxecto de Hábitos e Valores na Educación Infantil, desenvolvido no colexio, segundo os principios do Modelo EFQM, recibe da Xunta de Galicia un premio, pola súa innovación pedagóxica e polo fomento da Lingua Galega.
– Xuño 2001: Remate das Áreas de Mellora e enquisa de satisfacción ao profesorado sobre o traballo en calidade.
– Setembro 2001: Nova formación do asesor aos grupos de mellora: curso sobre comunicación e liderazgo.
– Outubro 2001: Selección e planificación das Áreas de Mellora para o curso escolar.
– Novembro 2001: Participación no Congreso de Calidade en Madrid presentando o Proxecto de Hábitos e Valores na Educación Infantil, polo que resulta ser o 2º Centro mellor valorado.
– Abril 2002: Realízase a segunda autoavaliación do Centro. Participación do Equipo Directivo nas Xornadas sobre Educación de Calidade en Galicia.
– Xullo 2002: Elaboración dunha memoria sobre o traballo de calidade realizado ao longo dos dous últimos anos.
– Agosto 2002: Presentación da Memoria para optar ao segundo nivel de recoñecemento no Modelo EFQM outorgado polo ITE da CECE.
– Outubro 2002: Planificación das Áreas de Mellora a desenvolver no curso 02-03.
– Novembro 2002: Presentación do Caderno de Pais nas Xornadas de Calidade celebradas en Madrid e publicación do mesmo no Libro de Experiencias de Mellora Continua destas Xornadas organizadas por CECE, Club Xestión de Calidade e Bureau Veritas. Obtención do Selo de Calidade Europea 200+, certificación do ITE para o período 2002-2005 no nivel de Desenvolvemento.
– Maio 2003: Finalización das Áreas de Mellora programadas para o curso 02-03. Revisión de 13 Áreas de Mellora, enquisas a pais sobre o Proxecto Hábitos e Valores na E. Infantil e Primaria.
– Xullo 2003: Elaboración e Presentación das memorias Implantación do Modelo EFQM e Práctica de Mellora na
convocatoria do MEC.
– Novembro 2003: Participación nas Xornadas de Calidade celebradas en Valencia co Proxecto Hábitos e Valores na E. Primaria.
– Novembro 2003: Comunicación do MEC por sermos finalistas a nivel nacional na Práctica de Mellora co Proxecto Hábitos e Valores na Educación Infantil e Primaria. Visita dos Inspectores D. Miguel Ángel García López (Inspector Xefe da Alta Inspección do MECD)e Amparo García (Inspectora de Calidade da Comunidade Valenciana) para avaliar o Proxecto in situ.
– Decembro 2003: Recibimos a comunicación de sernos concedido o PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS outorgado polo MECD.
– Febreiro 2004: Publicación sobre a Implantación do Modelo de Calidade EFQM no noso Centro, na revista “Actualidad Docente”.
– Marzo 2004: Novo asesoramento ao Comité de Calidade e aos Grupos de Mellora que están a traballar as Áreas de Valoración Sistemática de Logros e Esforzos e Tratamento de Queixas e Suxestións.
– Xuño 2004: Recibimos a comunicación de sernos concedido o PREMIO PROVINCIAL polo Proxecto “Traballando Hábitos e Valores en Educación Ambiental.
– Febreiro 2005: Acto de entrega do PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS outorgado polo MECD. Foi entregado por D. Pedro Uruñuela Nájera, Xefe da Alta Inspección do MECD, asistindo a este acto persoeiros da vida política, educativa e Social de relevancia (D. Alberto González Armesto, Director Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia; D. José Antonio Fraga Boullosa, Delegado Provincial de Educación; Dª Margarita García Lobato, Inspectora de Educación; D. Salvador González Solla, Alcalde de Ponteareas; D. Raul Emilio Castro Rodríguez, Alcalde de As Neves; D. Eleuterio Carrera Amil, Periodista deportivo e responsable de deportes da Televisión de Galicia. (Estes tres últimos ex-alumnos do noso Centro).
– Xullo 2005: Elaboración da memoria para presentarnos á renovación do Selo de Calidade Europea 200+.
– Novembro 2005: Presentación á Renovación do Selo de Calidade. Curso 08/09: Acadamos o Selo de Calidade Europea 300+.
– Abril 2011 e Abril de 2012: Premio concurso “Deseña unha xoia para a túa nai”.
– Abril 2011: Premio concurso “Un mundo de cor”.
Nestes últimos anos, a Dirección conseguiu implicar á totalidade do persoal docente nos seus planos anuales de mellora, baseados no Modelo EFQM. Así mesmo, a Dirección puxo os medios para procurar formación específica aos integrantes dos distintos grupos de traballo deseñando un Plan de Formación anual para todo o claustro co fin de mellorar os Procesos propios do Centro. Exemplo disto foi a formación específica que recibiu un dos grupos para apoiar a implantación da Misión, Visión e Valores do Centro, para o que se contou coa colaboración do CEFORE de Vigo, dependente da Xunta de Galicia e do grupo de asesores da CECE.
Como consecuencia da primeira autoavaliación do Centro na que participou a totalidade do Claustro e o Equipo Directivo, detectáronse diferentes Áreas de Mellora. Unha das primeiras áreas nas que se interviu foi a de definir as funcións dos diferentes postos de traballo do persoal docente (titor, profesor, coordinador de ciclo, coordinador de etapa, xefe de estudos, secretario e director), dándose a coñecer a todos e delegando responsabilidades, ao tempo que se definían novos cauces de comunicación interna.
O Comité de Calidade, pola súa parte, creou instrumentos de avaliación destas funcións para aplicar as medidas correctoras axeitadas, realizándose no curso 01/02 a primeira avaliación das funcións. Así mesmo, o Comité de Calidade facilita aos integrantes de cada área de mellora, que se reúnen semanalmente, os recursos e a axuda necesarios. Os propietarios, na súa condición de líderes dos grupos, comunican quincenalmente o desenvolvemento do traballo ao Comité de Calidade.
Anualmente, o Comité de Calidade reúnese co Claustro de Profesores e comunícalle as áreas rematadas, entrega a documentación das mesmas para iniciar o seu desenvolvemento e recoñece públicamente o traballo, os logros e o esforzo realizado por todos os grupos.
O Comité de Calidade favorece a participación dos grupos a través de:
• A aportación, por parte do profesorado, de ideas, que se recollen nunhas plantillas de propostas de Acción de Mellora, revísanse anualmente e intégranse no Plan Anual de Mellora.
• A libre elección das áreas nas que se desexa traballar, anotándose nunhas plantillas expostas ao comezo do curso na sala de profesores. Este documento sirve como base para a planificación anual de Áreas de Mellora. Con este método de traballo, recollido nas funcións do Comité de Calidade e os Grupos de Mellora, desenvolvéronse todas as áreas planificadas nos tres últimos años.
Anualmente, os directivos toman iniciativas para entrevistarse cos proveedores (representantes de centros de
formación do profesorado e formación continua), coa fin de colaborar activamente no proceso de mellora do Centro. Gracias a estas colaboracións xa se puideron levar a cabo proxectos como:
– Hábitos e Valores en Educación Primaria.- Inglés Oral.
– Material de apoio á titoría: Plan de Acción Titorial e caderno do titor.
– Plan de Evacuación.
– Proxecto Medioambiental Voz Natura.
– Proxecto de Plurilingüismo en Educación Primaria.
– Proxecto ABALAR (5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO).
– Proxecto Valoración Logros e Esforzos en E.P. e ESO.
– Proxecto Lector nas 3 linguas en E.P.
Son Proxectos que tiveron moi boa acollida por parte, non só das institucións educativas, como o amosan os distintos premios e recoñecementos recibidos, senón tamén por parte das familias e do alumnado, como queda reflictido nas enquisas de satisfacción realizadas, na avaliación do proxecto de Hábitos e Valores e no buzón de suxestións da Axenda Escolar.