MAGOSTO


O venres 16 de novembro celebramos o tradicional magosto cos alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria.
Acompañados por un excelente día de sol, os alumnos gozaron de xogos mentras se preparaban as castañas para a súa degustación arredor dun decorado mantel.
Pola súa banda, os alumnos de ESO pasaron un estupendo día de convivencia no Parque da Bouza Vella, ao que se desprazaron camiñando dende o colexio.