PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS


En todo momento procuraremos unha relación de complicidade e amizade que nos permita inculcar ós alumnos e alumnas os valores do Centro; ótempo que se forman nun ambiente familiar e acolledor. Neste proceso precísase a implicación de todos os que formamos a Comunidade Educativa (Pais, Mestres, Dirección, Consello Escolar,…) e por mor diso resulta imprescindible a vosa colaboración.

RECOMENDACIÓNSPARAUNMELLOR ENTENDEMENTO

  • Ensinade, aos vosos fillos/as, a valorar desde pequenos/as a puntualidade e a asistencia.
  • Comunicade axeitadamente, a través da axenda e/ou telefonicamente, as faltas de asistencia, puntualidade e a recollida dos nenos/as por persoas diferentes ás habituais.
  • Asistide ás reunións explicativas dos diferentes Proxectos, á Reunión de Inicio de Curso e ás programadas cos titores.
  • Apoiade e colaborade no desenvolvemento dos Proxectos cando se vos requira.
  • Asistide ás actividades culturais (día do libro, letras galegas, …)e valorade o traballo realizado polo voso fillo/a e polos compañeiros/as.
  • En horario lectivo, dirixídevos sempre á Dirección e non accedades ás aulas.
  • Coñecede, respectade as Normas de Convivencia do Centro e colaborade no seu cumprimento.
  • Utilizade a Axenda como vehículo de comunicación Familia-Escola.
  • Controlade diariamente, a través da Axenda, o traballo, as faltas de comportamento ou calquera incidencia reflictida.
  • Asinade as notas de controis, permisos e faltas á maior brevidade posible.