Colexio Santiago Apóstol - Página 2 de 14 -

75 ANOS DE HISTORIA

O Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas comezou a súa andaina educativa alá

polo ano 1945; momentos nos que nesta pequena vila non existía ningún Centro que se

ocupara do Ensino Secundario.

Por iniciativa privada, en locais sinxelos, comezou unha oferta aberta ás/ós

alumnas/os do antigo Bacharelato, Estudos de Comercio e Estudos de Maxisterio.

Todos eles en réxime académico e, por conseguinte, pendentes de seren recoñecidos

oficialmente mediante as correspondentes probas ás que eran sometidos nos Centros

estatais.

Así foron transcorrendo uns anos, ata que a Titularidade do Centro considerou

necesario acadar o recoñecemento oficial dos estudos que se impartían e, deste xeito, ter

autonomía propia. Proxecto conseguido no ano 1970 e, a partires do cal, Ponteareas

podía gabarse de dispor dun Centro coa clasificación de Recoñecido Elemental,

condición, esta, que lle facultaba para poder impartir os catro primeiros cursos do antigo

Bacharelato de forma oficial sen teren a necesidade de revalidar os seus estudos con

probas en Centros externos.

 

 Ler máis...

 

Síguenos nas redes!