O PROTAGONISTA DA SEMANA

¿Que é?

O Protagonista da semana é un Proxecto-Actividade que se leva a cabo na Etapa de Educación Infantil e na que participan moi directamente os Pais/Nais.

Ao redor desta actividade xiran varias accións do Proceso Educativo.

¿Como se desenvolve?

Cada semana, de luns a venres, un dos alumnos/as da aula convértese no Protagonista.

O venres comunícaselle aos pais implicados que o seu fillo/a será o Protagonista da seguinte semana e, ao longo desa fin de semana, prestaranlle axuda ao alumno/a para selecciona-las fotos que levará á clase.

Os pais, no momento que lle axudan a selecciona-las fotos, explícanlle ao alumno/a quén son as persoas que aparecen nelas, ónde se fixo esa foto, qué ocorreu, quén fixo a foto,….

Ao longo desa semana, na asemblea, o alumno/a contará a súa vida a través das fotografías. Con isto trabállase o vocabulario e a expresión oral, os membros da familia, os conceptos espacio, tempo,….

O Protagonista pode trae-lo seu xoguete favorito que terá que compartir, ao longo de toda a semana, cos seus compañeiros.

     Dereitos e Deberes do Protagonista.

        <      Se-lo primeiro na fila.

        <      Facer pequenos recados.

        <      Encargarse de recolle-la plastilina.

                                            <  Cambia-las fotos do tren para comprobar que alumnos/as faltan ese día.

Para comezar esa semana tan especial, a mestra, elabora o libro de “El Protagonista de la Semana” que quedará de recordo aos seus pais/nais como algo importante na vida do seu fillo/a.

Os Pais tamén participan

Os pais do Protagonista, ao remata-la semana, veñen á clase a contar un conto e organízanlles unha pequena merendola a todos os nenos/as da aula.