Os pais/nais dos alumnos/as poden solicitar entrevistas cos titores/as a través da Axenda. Estas entrevistas recoméndase que se soliciten coa suficiente antelación para que deste xeito, os titores teñan o tempo suficiente para pedir información sobre o alumno/a a todos os profesores.
FUNCIÓNS DO TITOR/A
CON REFERENCIA AO ALUMNADO
- Dar ao principio do curso, aos seus alumnos/as, toda a información precisa a través da Axenda.
- Facilita-la integración do alumno/a no grupo con actividades de Titoría e fomentar a súa participación nas actividades do Centro.
- Coñecer ao alumno/a, as súas circunstancias de expediente, a súa situación familiar e escolar e a repercusión no seu rendemento escolar e reflectilo no Caderno do Titor.
- Seguimento, alomenos unha vez ao trimestre, con todos os profesores do seu curso, do proceso de ensinanza-aprendizaxe de cada alumno/a, e recomendar as respostas Pedagóxicas axeitadas.
- Recolle-las necesidades dos alumnos/as e comunicalas ao Xefe de Estudos, quen se encargará de organizar as actividades de reforzo.
- Orientar os alumnos/as de maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.
- Controlar todas as incidencias da súa aula a través do parte diario, reflectilas no caderno do Titor e informar aos Pais a través da Axenda Escolar.
- Coordina-los traballos extra dos alumnos do seu grupo.
- Mediar perante os Profesores, alumnado e Equipo Directivo, nos problemas que se plantexen.
CON REFERENCIA AOS PAIS/NAIS
- Informar aos Pais/Nais das actividades docentes e sobre o rendemento académico do alumno/a a través da Axenda Escolar, por medio de circulares ou reunións.
- Participar nas reunións de inicio de curso explicando os Proxectos do Centro.
- Implicar ás Familias nas Actividades de Apoio e Aprendizaxe dos seus fillos/as.
- Toma-la iniciativa de reunirse cos pais/nais dos alumnos/as cando estes teñan máis de dúas áreas suspensas.