PROXECTO MEDIOAMBIENTAL

O noso Proxecto “Traballando Hábitos e Valores en Educación Ambiental” gañou o PREMIO PROVINCIAL do concurso Voz Natura organizado polo grupo La Voz de Galicia, e no que participaron 160 centros de toda Galicia.

Quedamos os primeiros entre 50 colexios e institutos da provincia de Pontevedra.

O Proxecto consiste en:

  • Traballar os Hábitos e Valores relacionados coa Educación Ambiental.
  • Estudar o noso entorno inmediato.(a ripisilva ou bosque de galeria do río Tea, en “A Moscadeira”)
  • Mellorar o noso entorno: o Colexio, o río Tea e os montes comunais do Concello de Ponteareas.

Os obxectivos xerais que intentamos acadar co noso Proxecto son os seguintes:

  • CONCIENCIACIÓN: axudar a adquirir conciencia do medio ambiente global, sensibilizando sobre estas cuestións.
  • COÑECEMENTOS: adquirir unha diversidade de experiencias e unha comprensión fundamental do medio e dos problemas anexos.
  • COMPORTAMENTOS: axudar a comprometerse cunha serie de valores e a sentir interese e preocupación polo medio ambiente, motivándoos de tal xeito que poidan participar activamente na mellora e protección do mesmo.
  • ACTITUDES: favorecer a adquisición de actitudes necesarias para determinar e solventar os problemas medioambientais.
  • PARTICIPACIÓN: proporcionar a posibilidade de participar activamente nas tarefas que teñen por obxecto solventar problemas medioambientais.

Para este ano secuenciamos as actividades por curso, de xeito que cada alumno/a ao longo da súa vida educativa, realice todas as actividades e adquira os bos hábitos e valores que intentamos inculcar.

Isto é o que realizaremos:

  • 1º E. Primaria: reciclamos papel, plásticos, pilas e materia orgánica.
  • 2º E. Primaria: obradoiro de xoguetes e instrumentos musicais con material de refugallo.
  • 3º E. Primara: construción dun herbolario.
  • 4º E. Primaria: viveiro de plantas autóctonas.
  • 5º E. Primaria: construción de cocopelos.
  • 6º E. Primaria: reducir, reemprazar, reutilizar e reciclar.
  • 1º ESO: obradoiro de papel reciclado. Identificación das árbores e dos vertebrados existentes na ripisilva. A nosa climatoloxía.
  • 2º ESO: limpeza do río. Estudo da xeomorfoloxía derivada do río. Cálculos de velocidade e aceleración da auga do Río Tea.
  • 3º ESO: obradoiro de xabrón caseiro. Análise das rochas e minerais do Tea.
  • 4º ESO: exposición fotográfica baixo o título “O Tea, o río que xa foi”.
  • Aula da Natureza: recollida quincenal de papel para reciclar. Campaña de recollida de pilas usadas. Plantación de árbores, nos montes en man común da Comarca, por alumnos/as de Primaria.