PROXECTO ABALAR

Ademais de estar plenamente involucrados na implantación do Modelo de Calidade na Educación e de ser un centro que obtivo o terceiro nivel de recoñecemento, fomos elixido como centro piloto para a implantación do Proxecto ABALAR. Proxecto impulsado pola Xunta de Galicia. 

O Centro participou neste novidoso Proxecto, o curso 10/11, con 3 aulas.

 Os alumnos/as de 5º de E.Primaria e os de 1º de ESO despuxeron de cadanseu ordenador portátil na aula, sendo este a ferramenta básica no proceso de ensinanza- aprendizaxe.

 Ademais dos portátiles para os alumnos/as, en cada unha destas aulas hai unha pizarra dixital, un proxector e un ordenador portátil de profesor.

             Este recurso didáctico, xa se converteu en algo que se usa de xeito cotiá tanto por alumnos/as coma por mestres.

En todas as áreas curriculares e ata incluso nalgunha das actividades extraescolares que no centro se imparten coma o xadrez ou o inglés oral estase a utilizar este recurso que aporta unha gran cantidade de actividades interactivas tanto a nivel teórico coma práctico. De tal xeito que os profesores teñen por costume programar, polo menos, unha sesión dentro de cada unidade didáctica para desenvolver coa pizarra dixital. Os alumnos elíxeno sempre para a presentación dos seus traballos, pola súa versatilidade, practicidade, comodidade e funcionalidade.

 As Novas Tecnoloxías vai xa moito tempo que están a se-lo centro de todas as miradas daqueles que apostan polo futuro, pola mellora, pola comunicación, polo acceso á información, … e isto non é máis que aplicar esas mesmas máximas ao ensino, a educación do futuro que xa é presente. Este é o itinerario a seguir para acadar os mellores resultados. 

O Centro conta coa implicación e apoio de toda a comunidade educativa que se sinte orgullosa de seren escollidos para formar parte desta experiencia piloto a nivel autonómico.

No curso 11/12, alcanza este Proxecto a súa ocupación máxima para a que foi deseñado, participando nel os alumnos/as de 5º EP, 6ºEP, 1º ESO e  2º ESO.