PREMIO NO YOUNG BUSINESS TALENTS


Este venres, Alba Ubeira, Lucía Domínguez, Moisés González e Antía Troncoso, alumnos de 4º da ESO de economía, participaron na final nacional do concurso Young Business Talents. Despois de todo un curso practicando e acumulando puntos na súa labor de xestión empresarial, foron seleccionados como o mellor equipo de toda Pontevedra.

Unha vez alí, tiveron que practicar unha vez máis as súas habilidades directivas. A final estivo composta por tres fases de simulación empresarial, organizadas en 20 grupos con 5 equipos cada un. En cada fase os estudantes introducían novas decisións de producción, marketing, xestión de traballadores, etc, nun tempo establecido. Pasado este tempo, a organización ofrecía os resultados.

Na última das fases, todos estaban moi nerviosos e expectantes. Xuntos (coas mans entrelazadas e o corazón a cen), escoitaban ao presentador anunciar que resultaran primeiros e gañadores nesta última final nacional. Convértense así, nun dos 20 mellores equipos de toda España.