O LIBRO VIAXEIRO

 É un libro que crean conxuntamente os pais/nais de Educación Infantil 3 anos e a mestra.

Este libro xira  arredor das 4 estacións do ano.

Obxectivos:

   Coñecemento do medio físico e social.

  A integración dos pais/nais na aula.

  A colaboración Familia-Escola.

 Desenvolvemento da creatividade.

Desenvolvemento:

Cada familia creará ao longo dunha fin de semana, unha folla do libro segundo a época do ano. Poderán traballa-los pais/nais co neno/a poesías, adiviñas, colaxes, contos, alimentos, roupas, festas,… todo isto seguindo as instruccións da mestra.

O libro volta ao Colexio onde, os nenos/as e a mestra, trabállano na asemblea contando aos nenos/as o traballo realizado por seus pais/nais.

Todo isto fai que os pais/nais se acheguen un pouco máis aos traballos realizados no Centro ademais de que os alumnos/as se sintan escoitados e axudados polos seus pais.

Os alumnos/as séntense moi agradecidos e os pais/nais moi gabachos.