O CONTACONTOS

O Contacontos é unha actividade na que os pais/nais dos alumnos/as de Infantil 3 anos, son os verdadeiros protagonistas.

 

Celébrase os venres de 4 a 5 da tarde. Trátase de que os pais do “Protagonista da Semana” veñan ao Colexio e conten, na clase, a todos os nenos, un conto.

 

A profesora ten unha reunión previa cos pais/nais para orientalos no desenvolvemento desta actividade.

 

Ao remata-lo conto, os pais/nais organízanlles unha merendola a todos os nenos/as da clase.