MATEMÁTICAS NO ORDENADOR

Fai xa uns anos, puxemos en marcha unha experiencia piloto que consistía en traballa-las matemáticas no ordenador, como complemento do libro de texto, con programas que as presentan de forma clara e motivadora, con situacións reais, aproveitando as posibilidades da tecnoloxía multimedia.

  O curso pioneiro foi  o 6º de Primaria, que empezou no mes de outubro de 2000, e vistos os resultados obtidos, no mes de xaneiro de 2001, ampliouse a experiencia  ao curso de 5º.

 No curso 01/02, seguindo na mesma liña, voltamos a ofrecer esta actividade aos mesmos cursos do ano anterior e tamén a 3º e 4º de Primaria, co que se benefician da experiencia tódolos alumnos/as do 2º e 3º ciclo da E. Primaria.

 No curso 02/03, ampliamos este Proxecto cos cursos de 1º e 2º de Primaria, aplicando fundamentalmente conceptos de Cálculo Mental. Deste xeito o Proxecto xa se atopa instaurado en toda a Educación Primaria.

 Desde entón, adicámoslle unha hora semanal durante todo o curso, comezando no mes de outubro, a traballar dun xeito integral os obxectivos e contidos, establecidos na lei para a Área de Matemáticas.

             Os resultados obtidos polos nosos alumnos/as son verdadeiramente bos. Aos nenos encántalles traballa-las matemáticas deste xeito xa que manifestan que lles resulta máis doado e entretido.

                        Á vista dos resultados, por suposto este curso, seguimos a desenvolve-lo Proxecto con tódolos alumnos/as de Educación Primaria e con miras de podelo ampliar a outras áreas como a Lingua Castelá e a Lingua Galega.