IV Concurso de debuxo sobre a Violencia de Xénero


O pasado 23 de novembro tivo lugar a entrega de premios correspondente ao IV Concurso de debuxo sobre a Violencia de Xénero. Dúas alumnas do noso colexio resultaron premiadas neste concurso; Estela Otero Ferreira de 4º de Primaria acadou o terceiro premio na súa categoria e Aldara Groba Correa de 4º ESO acadou o primeiro premio na súa categoría. Noraboa!
No acto de entrega, ademais dos representantes dos Centros escolares premiados, estiveron presentes o Alcalde, D. Xosé Represas, a Concelleira de Ensino, Dª Cristina Fernández e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Dª Verónica Carrera. Nas súas intervencións todas eles fixeron referencia á enorme importancia de tratar este tema desde idades moi temperánas e, deste xeito, concienciar aos nosos menores, mozos/as e homes e mulleres do futuro da importancia e da trascendencia do mesmo.