HÁBITOS, VISIÓN E VALORES

  1. MISIÓN DO CENTRO

A nosa Misión é a de ser un Centro de Formación, que preste un bo servizo a Ponteareas e bisbarra para o seu desenvolvemento social e cultural, e ser a mellor opción educativa que garanta unha boa formación, tanto humana como académica, nun clima de confianza e cuns valores compartidos dentro dun ideario cristián.

  1. VISIÓN DO CENTRO

A Visión que pretendemos acadar é a seguinte:

  • RESPECTO AO ALUMNADO:
  • Adquirir os hábitos de traballo e estudo, así como os coñecementos necesarios para aplicalos, con espírito crítico e creativo aos diferentes ámbitos científicos, técnicos e humanos.
  • Levar a cabo unha educación personalizada a través dun Equipo de Orientación Psicopedagóxica.
  • Desenvolver a capacidade de autonomía, de autoestima, e potencia-la capacidade de participación na vida escolar, cultural e social.
  • Fomentar unha Educación en Valores, desde un enfoque cristián, e sobre os principios democráticos de convivencia e tradicións da nosa cultura galega.
  • Facilitar a súa incorporación á vida laboral, social ou a unha educación posterior, mediante unha formación e Orientación Académica Vocacional e Profesional axeitada.
  • RESPECTO AOS PAIS/NAIS/TITORES:
  • Realizar unha verdadeira colexialidade na que a participación e a toma de decisións involucre a tódolos membros da Comunidade Escolar (pais, alumnos e profesores).
  • RESPECTO AOS PROFESORES:
  • Levar á práctica os distintos niveis de concreción curricular, planificando e coordinando a acción docente e titorial.
  • Manter comunicación coas distintas entidades, tanto a nivel institucional como educativo e experimental (coa cidade, con outras escolas, empresas,…), podendo, deste xeito, desenvolve-los distintos temas transversais (Educación Vial, Educ. Ambiental ,….).
  • RESPECTO Á XESTIÓN DO CENTRO:
  • Continuar co traballo segundo Modelo E.F.Q.M. de Excelencia como instrumento de autoavaliación que garanta un sistema de mellora continua.

O CPR Plurilingüe Santiago Apóstol, xunto ao seu Proxecto Educativo, promove os seguintes Valores que configuran o seu comportamento:

  • Visión integral da persoa como suxeito activo e pasivo de tódolos seus dereitos e deberes.
  • Fomento dos seguintes valores cristiáns: solidariedade, tolerancia, xustiza, participación crítica, liberdade e responsabilidade.
  • Unha convivencia democrática e xusta.
  • Os valores, formas de vida e tradicións da nosa cultura galega.
  • O desenvolvemento como persoa mediante o traballo e o esforzo diario.
  • Respecto e defensa do Medio Natural.

Para acadar estes obxectivos, o Centro ten planificado:

  1. Reducir os índices de fracaso escolar.
  2. Impulsar a atención personalizada cos alumnos/as e as súas familias.
  3. Implicar máis a toda a Comunidade Escolar nos planos de mellora do Centro. É moi importante que haxa unha participación activa.
  4. Mellorar a comunicación interna e externa do Centro, e impulsa-las relacións co entorno empresarial da zona con máis actividades extraescolares.
  5. Incorporar e aproveitar os avances tecnolóxicos no noso proceso de aprendizaxe.
  6. Adecuar os programas do Proxecto Educativo a estas Novas Tecnoloxías e mellora-las instalacións do Centro.
  7. Optimizar a formación do profesorado cara a estas novas necesidades e á Reforma Educativa.
  8. Fomentar a investigación e a innovación nos ámbitos curricular, metodolóxico, tecnolóxico, didáctico e organizativo, como tamén na titoría e na orientación dos nosos alumnos/as nos campos psicopedagóxico e profesional.