ELIXIDOS PARA GALICIENCIA

Desde o mércores 8 ata o venres 10 de maio de 2019, Galiciencia, a maior feira de ciencias de Galicia, acolle a 50 proxectos de investigación de Educación Secundaria de toda Galicia e outros procedentes de Cataluña, Andalucía e Asturias.
No Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas, daranse cita mozos e mozas con inquietudes científicas dispostos a defender os seus traballos os tres días do certame. Entre eles estarán dúas alumnas do noso centro, Aldara Groba Correa E Yraya Groba Correa, de 4º da ESO, defendendo o seu proxecto: “Sentido de coherencia e hábitos saudables en adolescentes escolarizados”.
Parabéns e moita sorte!