-

A NOSA HISTORIA

O Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas comezou a súa andaina educativa alá polo ano 1945; momentos nos que nesta pequena vila non existía ningún Centro que se ocupase do Ensino Secundario.

 

Por iniciativa privada, en locales sinxelos, comezou unha oferta aberta os alumnos/as do antigo Bacharelato, Estudos de Comercio (actualmente coñecidos por Empresariais) e Estudos de Maxisterio. Todos eles en réxime académico e, por conseguinte, pendentes de seren recoñecidos oficialmente mediante as correspondentes probas ás que eran sometidos nos Centros estatais.

 

Así foron transcorrendo uns anos, ata que a Titularidade do Centro considerou necesario acadar o recoñecemento oficial dos estudos que se impartían e, deste xeito, ter autonomía propia. Proxecto conseguido no ano 1970 e, a partires do cal, Ponteareas  podía gabarse de dispor dun Centro coa clasificación de Recoñecido Elemental, condición esta que lle facultaba para  poder impartir os catro primeiros cursos do antigo  Bacharelato de forma oficial sen ter a necesidade de revalidar os seus estudos con probas en Centros Oficiais.

 

Ler máis...

Síguenos nas redes!